Aguiño enche de sabor e música a súa IX Festa da Navalla

10 Agosto 2025

A parroquia ribeirense de Aguiño celebrou con gran éxito a novena edición da súa xa tradicional Festa da Navalla, unha cita gastronómica e cultural que atraeu a numerosos veciños e visitantes.

O evento contou cunha ampla oferta culinaria, con 450 quilos de navalla, 180 quilos de sardiña, empanada, viños e refrescos para todos os asistentes. A música tamén tivo un papel protagonista grazas ás actuacións do grupo Chiña e da formación Habelas Hailas, que animaron a xornada e fixeron bailar ao público.

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, destacou “o traballo e esforzo dos navalleiros, que fan posible que esta festa sexa unha realidade ano tras ano” e puxo en valor “a altísima calidade dos produtos do noso mar, recoñecidos tanto en Galicia como fóra das nosas fronteiras”.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez, subliñou que “o Concello apoia decididamente esta cita gastronómica, que xa é un referente no calendario festivo da comarca e un motor para a hostalaría e o turismo local”. Engadiu que “o sector do mar é un dos piares fundamentais da economía ribeirense, xerando emprego, riqueza e identidade para a nosa vila”.

A IX Festa da Navalla de Aguiño consolidouse como unha xornada que mestura sabor, tradición e música, poñendo en valor os produtos do mar e reforzando o papel da gastronomía como atractivo turístico da zona.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.