“Galicia queda sen médicos polas vacacións de verán ou pola falta de medios económicos?. Antón Luaces

09 Agosto 2025

A piques de se cumprir o medio século da morte do xeneral Francisco Franco, protagonista a fronte do goberno español durante case que 40 anos da ditadura inamovible en España, ven á memoria aquela Galicia carente do máis esencial quer mantén a protesta por non ter acadado canto desde entón reclama.

Por exemplo en medicina, daquela con só os grandes hospitais ubicados nas capitais provinciais -A Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo- e nas cidades de Santiago de Compostela (daquela sen estatus de capital de Galicia) e Vigo, ou en centros universitarios -todas as facultades radicadas en Santiago e exclusivamente algúns colexios universitarios en Vigo e A Coruña-. 

O que na actualidade poidamos falar de tres universidades galegas radicadas en Santiago, Vigo e A Coruña debémosllo á autonomía que moitos na nosa terra rexeitaban nese tempo. Outro tanto compre dicir do número de centros hospitalarios e centros de saúde espallados pola comunidade autónoma nun número entón impensable e, hoxe en día, insuficientes especialmente no que atinxe a dotación profesional, o que fai que tanto os usuarios deses centros como o persoal sanitario teñan que se manifestar en contra desas dotacións como da insuficiencia de medios. A Xunta non baralla realidades: xoga cos seus intereses, nos que prevalecen os privados sobre os públicos, estes non moi alonxados dunha realidade que semella estar sempre do lado dos que máis teñen ou menos precisan da intervención do público.

Un exemplo xustifica o comentario: vivo Franco, o hospital “Juan Canalejo” da Coruña pechaba ao público toda unha planta -normalmente a segunda ou a terceira- para atender nela a Franco se era mester durante as súas vacacións en Meirás (Sada).  Na actualidade, e sen Franco vivo, os hospitais públicos clausuran plantas debido á carencia de persoal. Por que?. Non hai resposta, pero cada vez hai máis centros médicos privados aos que se derivan enfermos do SERGAS con distintas patoloxìas, como por exemplo un interno no  centro de paliativos da Coruña que foi trasladado a un hospital psiquiátrico de Santiago, sen mediar nengún tipo de explicación aos seus familiares. Obviamente, tampouco ao doente.

E non sera porque na Coruña non existan camas para atender enfermos durante o verán.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.