Sábado 9, sol e calor nas Rías Baixas e en Santiago, con néboas matinais no litoral

08 Agosto 2025

Este sábado, a influencia anticiclónica manterá un tempo estable nas Rías Baixas e en Santiago de Compostela, aínda que a xornada comezará con brétemas costeiras e néboas ocasionais nos vales interiores.

Co avance da mañá, os ceos quedarán despexados, favorecendo unha tarde de ambiente moi soleado e temperaturas altas, especialmente no interior, onde se agarda unha sensación de intensa calor( 32 graos).

O vento soprará frouxo do norte, con intervalos moderados nas horas centrais. No litoral, especialmente cara ao sur das Rías Baixas, poderanse rexistrar rachas máis intensas do nordés durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar. Vento variable á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.