Este venres chegan ao seu remate os traballos de seguridade na avenida de Ferrol en Ribeira

08 Agosto 2025

Durante a mañá deste venres 9 de agosto van chegar ao seu remate as obras de pintado da avenida de Ferrol, en Ribeira, segundo vén de confirmalo a Policía Local. Nesta segunda fase pintaranse marcas viarias para a redución da velocidade na proximidade dos pasos de peóns e colocaranse ollos de gato no eixe da vía, para unha mellor delimitación dos carrís en condicións de baixa visibilidade. Dende a Policía Local pregan aos condutores que teñan en conta vías alternativas, pois prevense retencións puntuais de tráfico entre as 11 e as 13 horas ao ter que establecer unha circulación alterna dos vehículos. Con esta actuación o Concello de Ribeira dota dunha maior seguridade aos usuarios da vía e á veciñanza do lugar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.