Uxía Senlle recalará en Ribeira en setembro ao abeiro da súa xira “Será por flores”

06 Agosto 2025

O Castelo de San Antón, na Coruña, acolleu este mércores 6 de agosto a presentación da xira de Uxía Senlle, Será por flores, unha cita organizada co apoio da Xunta de Galicia para impulsar a música de creación feminina e poñer en valor e recoñecer o talento galego e a música na nosa lingua que este verán pasará por sete concellos galegos ao abeiro da campaña estival Para gustos, cultura do executivo autonómico. Na presentación participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou que esta xira, que se celebrará a partir deste mes de agosto, percorrerá distintas vilas e cidades galegas, para “celebrar con Uxía estes 40 anos de carreira”.

Nesta mesma liña, tamén salientou a calidade da música galega e en galego e que ano tras ano vai sumando máis recoñecemento, e que, sen dúbida, “Uxía ten grande responsabilidade na consecuencia deste fito, facendo chegar a cultura, a lingua e a música galega, ademais da portuguesa e a promoción da lusofonía a moitos países distintos”.

A xira Será por flores levará desde agosto e ata novembro as músicas da cantante Uxía a sete cidades e vilas galegas. Deste xeito, o día 13 deste mes comeza na Coruña, e pasará por Ribeira e Samos os días 20 e 21 de setembro; por Lugo o 8 de outubro, e, xa en novembro, por Burela, o día 1; Narón o 23, e Carballo, o día 28.

Son os sete primeiros concertos dunha xira que se ampliará con vindeiras datas e que, segundo fixo saber García, “serve para festexar as catro décadas de carreira dunha das cantautoras pioneiras en profesionalizarse como compositora e intérprete da nosa música tradicional, e os 30 do seu álbum Estou vivindo no ceo”.

Na presentación engadiuse que “será un espectáculo único e intimista, que revisitará os piares do seu percorrido musical e continuará explorando novas formas con liberdade creativa, unha viaxe ás súas raíces galegas, ás composicións propias e ás músicas que a inspiraron para mostrar os innumerábeis camiños que percorreu”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.