Esta tempada de verán o Concello de Rianxo está a traballar para manter en “estado óptimo” o control de pragas urbanas grazas ao dispositivo de choque impulsado polo Servizo de Medio Ambiente.
Estes días pasados tratáronse diferentes rexistros da rede de sumidoiros en distintos puntos da vila, así como noutras localizacións a petición da veciñanza ou nas que se teñen detectado problemas no pasado.
“Seguimos reforzando o noso compromiso cun municipio máis limpo e saudábel, actuando en espazos públicos e colaborando na solución dos problemas trasladados polos veciños e veciñas”, sinalou o Concelleiro de Obras e Medio Ambiente, José Alberto Angueira.




