A Quenlla recala este sábado en Rianxo

05 Agosto 2025

A agrupación de música tradicional galega A Quenlla estará este sábado 9 de agosto en Rianxo para ofrecer un concerto enmarcado na súa nova xira: Na lírica emoción. Será na praza de Rafael Dieste a partir das 22.00 horas. Trátase dun espectáculo abeirado ao programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

A Quenlla

O grupo A Quenlla créase no ano de 1984 por dous membros fundadores e escindidos do grupo Fuxan Os Ventos. Ao longo da súa traxectoria de concertos e gravacións, con distintas formacións evolutivas, contan con traballos e proxectos levados a cabo para a dinamización da cultura tradicional e de autor dentro dos vieiros da nosa música.

Foron moitos os concertos, charlas didácticas, encontros e discos levados adiante por un grupo de mulleres e homes que tiñan a teima da concienciación social na honra e orgullo do noso.

Despois dunha escisión no ano 2016, o grupo reorganízase arredor de Valery e Mero, coas incorporacións de Tania Capón no violín e voz, Yaiza Seijas no chelo e voz, Paloma Suanzes na guitarra e voz, Manolo Dopico no baixo, percusión e voces e Álvaro Cardalda no acordeón, teclados e voz.  Así constituídos comezan unha nova andaina e parten da musicalización e gravación dos 10 temas de Martín de Padrozelos, quizais un dos primeiros trobadores da nosa lírica medieval.

Na lírica emoción

Baixo o título Na lírica emoción, a agrupación presenta unha proposta que comprende versos e poemas de Avelino Díaz.

Trátase dun traballo que pretende  poñer en valor ao poeta de Meira (Lugo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.