Desde este luns, a Casa Cornide, considerada Ben de Interese Cultural (BIC) xa pode ser visitada polos interesados na historia desa casa e a dos seus moradores ocasionais os Franco.
Visitada con relativa frecuencia por quen fora arcebispo de Compostela, Quiroga Palacios, cando Carmen Polo pasaba na casona da Cidade Vella coruñesa el pechaban as súas portas as mellores xoierías da cidade, este BIC comeza a súa función coma tal e este luns abriu as portas aos primeiros cinco visitantes das súas estancias: moitos cuartos valeiros e unha chea de cuartos de baño sen función nen beneficio. Pero está aberta e ben se nota que ninguén morou nela desde vai anos. E de Francisco Franco non quedou alí nen o faxín.
Tampouco hai colares. Pero os curiosos saben que algún día e se teñen paciencia, poderán pisar onde antes pisaran is Franci e, antes destes, os Cornide de Saavedra. Ah, sí: tampouco quedaron pantasmas (ou se os hai, saben agocharse das 25 persoas que cada semana e en turnos dun máximo de cinco persoas entre as 9 e as 13 horas dos luns poderán percirrer o histórico edificio.
A Casa Cornide é un edificio de estilo rococó, construído como residencia familiar por Diego Cornide arredor de 1760 na rúa das Donas, actualmente de Damas. Foi propiedade da familia Franco desde o ano 1960. A principios do século XIX este edificio foi sede do concello e pouco máis tarde ( principios do século XX) sede di Centro Cultural de Santo Tomás de Aquino, dotado dpunha asala de cibe
[19:48, 4/8/2025] Antón Luaces Teixido: En 1957 foi adquirido polo Ministerio de Educación para a instalación do Conservatorio, pero non foi consuderado idóneo polo concello, que permutou a parcela por outra, pasando daquela a ser propiedade municipal. O 3 de xullo de 1962 vendéuse nunha poxa pública que gañou Pedro Barrié de la Maza, quen o cedeu a Carmen Polo de Franco. Este edificio foi reclamado en 2017 coma patrimonio público e, en 2021, incoouse procedemento para o declarar Ben de Interese Cultural (BIC).
Após varias reformas, o edificio -con fachada principal de 20,60 metros construida en porpiaño de granito rosa ten o escudo dos Cornide- fronte á portada da igrexa románica de Santa María do Campo.
O edificio consta na actualidade dunha planta baixa e dous andares, cunha duperficie total edificada de algo máis de 1.400 metros cadrados.
“Radio” – Xulio Xiz
Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...



