O Concello de Porto do Son, a través do seu alcalde, Luis Oujo, e da concelleira de Cultura, Alicia Martínez, vén de felicitar a dona Isolina, veciña da parroquia sonense de Queiruga, polo seu 100 aniversario, este domingo 3 de agosto. Dona Isolina celebrou tan importante data rodeada dos seus fillos, netos e bisnetos. O rexedor e máis a concelleira desexáronlle parabéns no seu propio domicilio en Queiruga e quixeron achegarlle un agasallo floral. Tamén quixeron ter palabras de cariño e agradecemento, destacando a imprescindíbel e valiosa experiencia que nos legan os nosos maiores.




