“A lectura chama a infancia. O premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil”. Pilar Sampedro

03 Agosto 2025

Carlos Mosteiro foi mestre e escritor de literatura infantil e xuvenil, para a infancia.
Entregounos o libro de relatos O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande e as novelas Ese unicornio rosa (traducido ao castelán) e Unha bruxa ben rara co que conseguiu o premio Barco de Vapor, mentres que para o lectorado xuvenil publicou Manual de instrucións para querer a Irene (premio Abril) que foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao asturiano e ao aragonés. Nado en Xeve (Pontevedra), pódese dicir que a súa etapa máis produtiva tivo lugar entre nós, na Pobra onde morreu en 2017, deixando unha lembranza que se recupera cada ano con esta convocatoria ou ao entrar na biblioteca municipal onde unha figura de Che Tembra o recorda. A participación de Mosteiro en Barbantia foi moi considerable, de fundador a directivo e membro moi activo; a súa colaboración nos libros colectivos que esta publicou e no blog Café Barbantia mantéñeno presente nesa asociación que percorre o Barbanza con actos, premios e un anuario que fala do que se move culturalmente na zona.

Abraldes


O premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil está organizado pola A. C. Barbantia (da que formou parte moi activa o escritor que lle dá nome), o concello da Pobra (que asume a gratificación económica e parte da edición) e a editorial Galaxia (que publica a obra premiada). O seu obxectivo é estimular a creación de obras dirixidas a un público lector con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, reivindicar o valor desta literatura (na que foi especialista o autor que lle dá nome ao premio), promover a estes creadores e creadoras en lingua galega e homenaxear ao escritor que residiu no Barbanza e formou
parte moi activa da asociación cultural Barbantia.
Creado en finais do 2017, o premio acadou a VIII convocatoria coa presentación do último libro premiado en maio de 2025. Mantense e ascende na busca de obras representativas desta literatura. O primeira delas foi Os Fantom de Patricia Mallo, o
segundo a Xosé A. Neira Cruz con O enigma do baúl pechado e o terceiro ao mesmo con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, María Canosa conseguiuno con Teño un volcán dentro, José Luís Baños de Cos con Fóra de xogo e Óscar Reboiras con Cando o mundo é azul.
O xurado está formado por tres persoas expertas, unha delas é o ganador ou ganadora da convocatoria anterior, un representante de Galaxia e outro de Barbantia. A terceira convocatoria, correspondente ao ano 2020, quedou deserta por entender que ningunha das presentadas era merecedora de recibilo. As bases vanse adaptando á situación, un dos cambios foi para que non podan presentarse aquelas persoas creadoras que acadasen o galardón nunha ou en máis dunha ocasión das últimas cinco convocatorias; desta maneira amplíase a nómina de persoas creadoras ás que apoia o premio.
Realmente, estes premios son ben saborosos ao mirar a unha parte da sociedade á que debemos ter moi en conta promovendo boas lecturas, igual que debemos facer cos alimentos que lles damos. Bos alimentos intelectuais, boas historias coas que nutrilos para que medren nas mellores condicións. Só se consegue espertar o gusto pola lectura con obras de calidade pois, a quen lle motiva unha peza sen valor ou sen interese?
Ninguén é masoquista nin nace con mal gusto. Unha vez que lle aprace, toca crear o hábito, facelo costume a base de entregarlle outros libros cos que poda continuar ese camiño que xa está despexado. Sen dúbida ese aprecio e ese hábito achegarán unha boa
competencia lectora porque non podemos ser bos naquilo que nos produce resistencia senón que, polo contrario, nos motiva. E niso estamos!

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.