Festa do Mexillón de Rianxo, exemplo de promoción do produto mariño galego

03 Agosto 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta fin de semana na XIV Festa do Mexillón de Rianxo, organizada pola Asociación Gastronómico-Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración da Xunta de Galicia. O evento, que celebrou o sabor e a tradición mariñeira do mexillón galego, forma parte das accións promocionais incluídas na campaña Galicia Sabe Amar.

Villaverde destacou o valor económico e cultural do mexillón, cunha facturación de 128,6 millóns de euros en 2024, e o papel que xogos como este teñen na divulgación, educación e fomento do consumo responsable. Tamén puxo en valor a importancia da cadea mar-industria, desde os bateeiros ata a restauración.

No marco do seu compromiso co sector, a Consellería do Mar leva investido máis de 3,1 millóns de euros desde 2023 en proxectos de impulso á actividade pesqueira de Rianxo a través do FEMPA. A esta cifra súmanse máis de 3 millóns de euros adicionais investidos por Portos de Galicia.

Ademais, a Xunta prevé mellorar a operatividade do porto e das instalacións náutico-deportivas da vila, cun investimento próximo aos 3,7 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.