Muros acolle esta fin de semana a proxección de “Como entrenar a tu dragón”

01 Agosto 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle esta fin de semana, os tres primeiros días de agosto, tres sesións de proxección do filme de aventuras e fantasía Como entrenar a tu dragón. Cóntanos a historia de Hipo, un mozo diferente, fillo do xefe dos viquingos, que decide romper coas tradicións da súa tribo e facer o impensábel: establecer amizade cun dragón. Así coñece a Desdentao, un Furia Nocturna tan poderoso como incomprendido. Xuntos emprenderán unha viaxe que porá a proba a confianza, o valor e a forza da amizade fronte ao medo e á intolerancia.

Non recomendada para menores de 7 anos.

Sesións:
– Venres, 1 de agosto ás 20:30 h
– Sábado, 2 de agosto ás 20:30 h e ás 23:00 h
– Domingo, 3 de agosto ás 20:30 h

No auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.