Máis de 20 estudantes participaron en Noia no 4º encontro galego de alumnado de arpa

31 Xullo 2025

O Liceo de Noia acolleu este xoves 31 de maio pola mañá a cuarta edición do Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, encadrado na 12ª edición do Noia Harp Fest. Máis de 20 estudantes de diferentes escolas do país participaron nesta sinalada actividade, na que interpretaron xuntas pezas da tradición bretoa e galega arranxadas ex profeso para a ocasión por Kevin Le Pennec e Rodrigo Romaní. 

Fotos de Jerry Elefarte

O evento, no que participaron estudantes da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ETRAD de Vigo, da Escola Municipal de Música de Santiago, do Conservatorio de Torroso (Mos), do Conservatorio das Artes Mayeusis (Vigo) e da Barreiro Arpa Escola (Vigo), contou coa asistencia do arpista bretón Kevin Le Pennec. “Para o alumnado é unha experiencia insual que un artista como Kevin Le Pennec arranxara unha peza especial para a ocasión, e máis aínda que tocase tamén con elas sobre o escenario do Liceo”, expón Rodrigo Romaní. 

Desde xeito, o Encontro do alumnado das escolas de arpa de Galicia despídese até o ano que vén, e consolídase como unha cita anual clave na axenda tanto dos centros como dos seus estudantes, “pois é moito máis que un concerto en común: é unha xornada única de convivencia e intercambio”, apunta Romaní. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.