Ribeira impulsa unha campaña especial de verán para fomentar a doazón de sangue

30 Xullo 2025

O Concello de Ribeira presentou, unha nova campaña especial de verán destinada a promover a doazón de sangue entre a veciñanza. O anuncio foi realizado polo concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, nunha convocatoria aos medios de comunicación.

A iniciativa, en colaboración coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), busca facer fronte á diminución de doazóns propia da época estival e alcanzar as 27.000 unidades necesarias para garantir o abastecemento dos centros sanitarios galegos.

Furones sinalou que o verán é un dos momentos máis críticos para manter os niveis necesarios de doazón, especialmente na área de Ribeira, onde se incrementa o número de accidentes e, con eles, a demanda de transfusións. “Hai compoñentes como as plaquetas que só teñen unha duración de sete días e son esenciais en moitos tratamentos”, explicou.

O concelleiro destacou tamén a colaboración activa do Concello coas autoridades sanitarias e puxo en valor o compromiso da cidadanía. “Ribeira pode presumir de ter unha das poboacións máis solidarias de Galicia. No pasado ano, 1.297 persoas doaron sangue no municipio, o que supón unha taxa de 48 doazóns por cada mil habitantes, 5 puntos por riba da media provincial e 9 por riba da media galega”.

A campaña inclúe a instalación de unidades móbiles nas seguintes datas e localizacións:

  • Ribeira (Praza do Concello):
    • Venres, 1 de agosto: de 10:15 a 14:00 e de 16:15 a 21:00 h
    • Sábado, 2 de agosto: de 10:15 a 14:30 h
  • Aguiño (Explanada do Porto):
    • Luns, 4 de agosto: de 16:15 a 21:00 h
  • Palmeira (Peirao – Lugar de Eitón):
    • Luns, 18 de agosto: de 16:00 a 18:00 h

Desde o Concello lembran que o proceso de doazón require unhas dúas horas, recoméndase non xantar previamente e despois é importante hidratarse ben. En poucos días, a persoa doante pode retomar con normalidade todas as súas actividades.

Furones rematou o seu discurso facendo un chamamento á colaboración da veciñanza: “Un pequeno xesto pode salvar vidas. Agardamos contar co apoio de todos e todas nesta campaña tan necesaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.