O Concello de Boiro vai levar a cabo un acto en homenaxe aos “heroes do racú”, un acto conmemorativo na memoria o naufraxio dun mercante na punta do Chazo en 1958. O acto terá lugar o vindeiro venres 8 de agosto ás 20.00 horas na punta do Chazo.
Na madrugada do luns 4 de agosto de 1958 uns veciños de Cabo de Cruz traballaban a bordo dunha embarcación de pesca que faenaba na procura de xurelos ou buraces á altura na Illa da Bensa, fronte á praia de Carragueiros cando escoitaron gritos dende o medio da ría. Un gran mercante de 6000 toneladas e 98 metros de eslora con 44 persoas a bordo procedente de Vilagarcía (o Cabo Razo) chocara contra un penedo chamado A Barsa.
Os dous homes e os tres rapaces que ían a bordo do racú San Antonio foron quen de auxiliar a 11 persoas e dar a voz de alarma. Na memoria dos falecidos no mar e en homenaxe a aqueles heroes o Concello de Boiro terá este acto conmemorativo o vindeiro 8 de agosto.
A historia ao completo podémola consultar na web Galizeando, con fotos dos buques implicados como a que reproducimos aquí.




