Exipto prepárase para a súa gran Romaría do 1 ao 4 de agosto

26 Xullo 2025


A tradicional Romaría de Exipto celebrarase este ano do 1 ao 4 de agosto, no monte de Exipto, na parroquia de Abanqueiro, concello de Boiro. A festa, en honra á Virxe de Exipto, conserva en palabras da organización (a Comisión de Festas veciñal) “a súa esencia relixiosa e cultural, combinando actividades para todos os públicos cun cartel musical diverso que vai da música tradicional galega a bandas de rock, orquestra e DJs”.

A Romaría, que comezou no ano 1880, vive dende o ano pasado unha etapa de recuperación e dinamización grazas ao traballo da Comisión de Festas organizadora e o apoio veciñal. O equipo de traballo quixo agradecer o apoio especial da conserveira local JEALSA, patrocinadora das camisetas e os suadoiros oficiais da romaría, así como o apoio das empresas locais que, un ano máis, envorcáronse coa celebración do evento, destacando a Despensa de Abanqueiro, JJ Chicolino, Os Fornos, “e moitas outras que aparecen reflectidas no cartel oficial”.

A romaría comezará o venres, 1 de agosto, ás 20h coa subida dos Santos da Igrexa de Abanqueiro á capela de Exipto onde se celebrará unha misa na hora da Virxe de Exipto. Nesta primeira xornada celebrarase o I Festival “O Retumbar da Telleira” o venres 1 de agosto co espectáculo para todos os públicos Ghop! de Teatro ó Cubo, a música en directo de Triángulo de Amor Bizarro e King Sapo e o peche ca sesión DJ de Curi e Soundivan.

O sábado comezará coa alborada dos grupos O Ar de Loureda e Arume e haberá mercado ecolóxico e animación infantil durante toda a mañá. A sesión vermú estará amenizada pola Duendeneta e, un ano máis, organizarase a paparota hardcore (sardiñada popular).

Pola tarde será a quenda dos torneos deportivos (torneo de birlos e pachanga para festexar o 40
aniversario do Abanqueiro SD). A verbena nocturna correrá a cargo do Grupo Atenas e a
Duendeneta.

O domingo haberá misas en honor da Virxe de Exipto dende as 9.00h durante toda a mañá e tamén as actuacións de música tradicional dos grupos Adorniña e o Grupo de Baile de Abanqueiro. A sesión vermú desta xornada estará amenizada polo grupo La Mosca Valiente e a continuación as veciños e veciñas do concello e da contorna están convidadas ao xantar do monte de Exipto “onde festexaremos a nosa romaría e contaremos con xogos populares e porco mecánico”, informaron dende a Comisión, engadindo que o remate da festa será nos Fornos co concerto de Ajencia Trivutaria e a sesión de Cabina Móvil.

Ademáis, durante toda a fin de semana contarase con polbeira da man de Enxebre Catering do Carballiño (Ourense) e unha gourmet foodtruck do Asador de Polos Briattore.

A Romaría de Exipto é un punto de encontro interxeracional, un espazo de memoria colectiva e unha das festas máis singulares do verán galego.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.