O PSdeG reivindica en Rianxo un galeguismo útil, ambicioso e sen complexos para construír a Galicia do século XXI
25 Xullo 2025
Besteiro reivindica en Rianxo un galeguismo útil, aberto e sen complexos no Día da Patria
O líder do PSdeG aposta por unha Galicia ambiciosa, solidaria e rebelde “que non se resigna e quere avanzar”
PS de G_Psoe
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, escenificou este 25 de xullo en Rianxo, diante do busto de Castelao, o compromiso do socialismo galego cun galeguismo “útil, sen exclusións, sen etiquetas e sen nostalxia”. No acto conmemorativo do Día da Patria Galega, no que o PSdeG leva case tres décadas participando na vila natal de Castelao, Besteiro defendeu unha Galicia “que se constrúe sen pedir permiso e sen complexos”.
“Galicia non é unha bandeira que se saca en festivos. Galicia é unha causa diaria”, proclamou, recordando os 75 anos do pasamento de Castelao. “El soñaba cunha Galicia libre, valente e orgullosa do que é. E nós seguimos empeñados en facela realidade”.
Galicia que une fronte ás que dividen
O líder socialista puxo en valor unha idea de país inclusiva:
“Galicia non se reparte: deféndese. Non pertence a ninguén, é de quen a coida e traballa por ela”.
Criticou o “discurso excluínte” do BNG, ao que acusou de falar “en nome de Galicia sen preguntar” e de instalarse na “autosuficiencia moral”, e tamén o “ultraconservadorismo” do PP, representado por un Alfonso Rueda “sometido ao PP máis rancio” e “incapaz de presidir cos intereses de Galicia como prioridade”.
Besteiro acusou ao actual presidente da Xunta de “levantarse de todas as mesas” e de gobernar “obedecendo” a axendas alleas ao país, bloqueando avances en financiamento, vivenda ou transición enerxética. “O PP xa nin disimula. Vive atrapado na envexa a VOX”, lamentou.
Defensa da lingua, da vivenda e do autogoberno
Na súa intervención, Besteiro denunciou tamén o “boicot lingüístico” do PP:
“Se fose por Rueda, hoxe non se podería falar galego no Congreso. Esa falta de respecto á nosa dignidade lingüística persegue ao PP tamén en Europa”.
En contraposición, defendeu o compromiso do PSOE cun galego “vivo, sen complexos e esencial ao que somos”.
A crise da vivenda foi outro dos temas centrais do seu discurso. Criticou a “pasividade” da Xunta fronte á escalada dos prezos e á falta de acceso da mocidade:
“Volven ás receitas de 2007: liberalizar e desregular. Sabemos como remata iso: burbulla, crise, sufrimento”.
Fronte a iso, reivindicou o traballo dos concellos socialistas e do Goberno central: vivenda pública, solo protexido, regulación das vivendas turísticas e zonas tensionadas.
“Iso é galeguismo útil: o que propón, actúa e resolve”, resumiu.
Un novo modelo para Galicia
Besteiro apelou a un galeguismo do século XXI, “orgulloso, ambicioso, creativo e solidario”, con máis autogoberno, recoñecemento político e un novo modelo de financiamento que sexa “singular, suficiente, corresponsable e solidario”.
“Temos talento, temos potencial. O que nos falta é un goberno que entenda a Galicia e queira entendela”, dixo, poñendo en valor proxectos como a Axencia Europea da Pesca en Vigo ou a Axencia AESIA na Coruña.
A súa intervención pechouse cunha mensaxe de esperanza e mobilización cidadá:
“Dicía Castelao que un galego que non se rebela non é galego. Pois aquí estamos: galegas e galegos rebeldes, orgullosos, decididos a construír unha Galicia mellor para todos e todas”.
O acto, no que participou tamén o secretario xeral do PSdeG en Rianxo, Óscar Rial, incluíu unha ofrenda floral diante do busto de Castelao e unha visita á Festa Gastronómica da Xouba, celebrada tamén este 25 de xullo.
Os grupos da oposición de Ribeira (BNG, PSdG e Non Adscritos) volveron xuntar forzas este xoves 24 de setembro para denunciar o que consideran "un atropelo democrático do grupo de Goberno local". En concreto, mostráronse moi críticos co Executivo por, sinalaron,...
O Barbanza vén de acadar un importante fito en materia educativa: este curso escolar, o IES Espiñeira de Boiro e o IES Leliadoura de Ribeira foron seleccionados para formar parte do prestixioso programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Segundo indican as...
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, inaugurou na sede da Federación Galega de Confrarías de Pescadores a segunda xornada Muller, mar e liderado, coa que a Xunta quere impulsar "unha...
Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...
LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...