Cancelada a quedada moteira Jas A Tope de Rianxo

11 Abril 2020

O Estado de Alarma e a crise sanitaria do COVID-19 segue a motivar a cancelación de eventos que non só estaban programados para marzo e abril, senón tamén para máis adiante. Por exemplo a edición número trece da Concentración Moteira Jas A Tope de Rianxo, cuxa organización (o Moto Club Jas A Tope en colaboración co Concello), ao “non poder garantir a seguridade do evento pola posibilidade de contaxio”, decidiu suspender a quedada, inicialmente prevista para comezos de xuño, para máis adiante, ou sexa, para cando a situación se normalice.

Malia todo e precisamente por ter que tomar a decisión de cancelar o evento “con gran tristura”, a entidade impulsora aproveitou para agradecer a colaboración de todas as entidades e empresas que traballan cada ano para facer realidade a cita moteira, ao tempo que se lles lanza unha mensaxe de ánimo nestes tempos de pandemia e crise sanitaria aos participantes e aos seareiros de cita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.