Segundo informou o Goberno local, o servizo prestarase dende dúas horas antes do inicio da xornada escolar nos tres centros de educación infantil e primaria do municipio nos que se acade o grupo mínimo de alumnado esixido nas bases.
Habilítanse un total de 60 prazas distribuídas do seguinte xeito:
-CEIP ADR Castelao: 30 prazas.
-CEIP Ana María Diéguez: 15 prazas.
-CEP Xosé María Brea Segade: 15 prazas.
Ademais, como novidade, as familias que o desexen poderán adquirir un bono prepago para poder facer uso do servizo os días soltos que o necesiten.
O Concello informou de que en breve abrirá o período de matrícula.




