Boiro, Rianxo, Noia e Muros recollen a acreditación “ouro” na Rede Galega de Praias sen Fume

18 Xullo 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou o compromiso de 85 concellos da comunidade na loita contra o tabaco, cifra que eleva ata 249 as praias galegas sen fume.

O titular da carteira sanitaria, acompañado do delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, interveu no acto de recoñecemento a todos os municipios polo “esforzo levado a cabo para a protección da saúde e preservación do medio ambiente”.

Na súa intervención, o conselleiro felicitou aos 48 municipios que hoxe reciben o diploma na categoría de ouro, por “declarar todos os areais do seu concello como espazos libres de fume”, así como “a todos os que forman parte da rede galega de Praias sen fume, pola súa contribución á difusión desta cultura de respecto e coidado”.

Destes 48 municipios galardoados na categoría de ouro, 17 son da provincia da Coruña, 10 da de Lugo, 8 de Ourense e 13 de Pontevedra.

Iniciativa pioneira

A iniciativa Praias sen Fume, posta en marcha de xeito pioneiro pola Dirección Xeral de Saúde Pública en 2016, iniciouse con 19 concellos e 26 praias. Na actualidade, o crecemento é considerable aglutinando 249 praias e 85 concellos, o que supón un fito moi positivo para a saúde de Galicia.

O conselleiro remarcou que Galicia é referente na promoción de praias fluviais como espazos de ocio e benestar saudable. Na actualidade, son 39 praias fluviais as que forman parte da rede.

Referiu, ademais, que a iniciativa de Praias sen Fume ampliouse aos portos e aos parques sen fume.

Concellos de ouro do Barbanza

A relación dos concellos do Barbanza que posúen a categoría de ouro (100 % de areais libres de fume) na iniciativa de Praias sen fume son: Noia, Rianxo, Boiro, e Muros.

As concelleiras Olga González e Carmen Silva (Boiro) recollen o distintivo

O Concello de Boiro renovou a acreditación ouro da Rede Galega de Praias sen Fume. As concelleiras Olga González e Carmen Silva recolleron na mañá deste 18 de xullo o distintivo nun acto presidido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Camaño, e que tivo lugar na praia fluvial da Freixa, en Ponteareas.

Boiro conta coa dita acreditración ao ter incluídos na rede as praias de Barraña, Barraña-Saltiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns, Piñeirón, Portomouro, A Retorta e Ribeira Grande. Nelas está prohibido fumar en toda a zona do areal quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais da hostalaría situados nelas.

Coa adhesión a esta iniciativa o Concello de Boiro ten como obxectivos “promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico positivo das familias e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente”.

A Rede Galega de Praias sen fume naceu no ano 2016 cun fin educativo e de sensibilización social co obxectivo de avanzar na desnormalización do consumo de tabaco na poboación, recalcando a importancia da conduta das persoas adultas ante os máis pequenos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.