
É mais que preocupante o recorte que propón Bruxelas para os fondos europeos de pesca. E sabendo que a patronal galega do sector pesqueiro e o goberno de Galicia están decididos a plantarse diante da decisión de recortar o Fondo Marítimo, da Pesca e a Acuicultura (Fempa) é a propia patronal a que formula a necesidade de “dar a batalla” ante o anunciado descenso do 67% deste Fondo (máis de 4.000 millóns de euros) que formula Bruxelas para o período 2028-2034, pasando duns 6.110 millóns do anterior período a só 2.000. Un descenso inxustificado e inxustificable contra o que a Consellería do Mar está decidida a “loitar”, porque o recorte é “preocupante” e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) non concorda con estes bosquexos.
O novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) da Unión Europea fusionará distintos programas. Entre estes os relacionados coa agricultura, a cohesión e o desenvolvemento rexional. O actual Fempoa, que dispón dunha dotación de 6.100 millóns de euros entre os anos 2021 e 2027 é consecuencia do recorte de 105 millóns na última revisión orzamentaria. Mais agora a Comisión limita a asignación específica para a pesca a só 2.000 millóns de euros, malia que o orzamento xeral da UE se incrementara de 1,2 a 2 millóns de euros.
Perante esta situación, o ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, afirmou este xoves que “España non pode aceptar a proposta inicial de PAC e de fondos de pesca da Comisión Europea. Mantén, polo tanto, os fondos actuais entendemos estes como un “instrumento de apoio integral e como unha dotación que permita a agricultores e gandeiros realizar dignamente o seu traballo e, de igual xeito, aos nosos pescadores”.
Expresións polo tanto de sorpresa e rexeitamento a esta proposta cun lixeiro ton de esperanza na posibilidade de manter os fondos actuais coma un apoio integral e unha dotación que permita a agricultores e gandeiros facer dignamente o seu traballo e, de igual xeito, aos nosos pescadores”. Expresou a súa preocupación polas decisións que está a tomar a Comisión Europea en relación co sector primario nos últimos anos.
A circunstancia é tal que a consellería do Mar da Xunta, nun encontro coa Comisión Mar-Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) abordou a necesidade de artellar unha resposta conxunta ante a proposta da Comisión de Europa. A conselleira Marta Villaverde falou de “preocupación” polas decisións da CE e explorar accións técnicas e políticas para impedir que prospere este cambio nos próximos orzamentos comunitarios. Galicia quere evitar que a pesca deixe de contar cun fondo propio e específico como ferramenta imprescindible para afrontar os retos actuais do sector.
O Parlamento Europeo ten, en calquera caso, a última palabra.



