Boiro de Arriba está de festa este sábado 19 de xullo, coa quinta edición das Festas de Boiro organizadas no Centro da Comunidade de Montes (Boiro de Arriba). A xornada arrincará con dianas e alboradas e proseguirá cun campionato de chave, unha sesión vermú e actuacións musicais de Grupo Primera Línea, Curi Goxi de Bao e Gilito. Haberá carpa para garantir a troula sexan cales sexan as condicións climáticas.




