A vela galega crea unha regata virtual

10 Abril 2020

A Real Federación Galega de Vela puxo en marcha un campionato virtual, en monotipos J70/ J80, que foi acollido con enorme entusiasmo e participación por parte dos regatistas galegos, inscritos en número de 197 e representando a trinta clubs da comunidade autónoma.

Baixo o nome de Regata Galicia contra o Covid-19, o director técnico da RFGV, Bruno Gago, deseñou un evento para regatistas, adestradores e xuíces con licenza galega activa en tres fases: regatas clasificatorias hoxe e mañá, semifinais o Xoves e Venres Santo e a gran final o sábado. Utilizando a aplicación Virtual Regatta Inshore, os patróns foron situados en dez grupos. Para adaptarse ao xogo, a RFGV organizou un adestramento previo que se adxudicou César Ferreiro (RCN Coruña), que sumou 6 puntos en cinco regatas, con Jacobo García (RCN Sanxenxo) e o técnico Ero Pons como segundo e terceiro, respectivamente, empatados estes con Fernando Sánchez ( CN Arousa Norte) a 7 puntos. Cada proba, cuxo campo de regatas establece a RFGV, dura entre 8 e 10 minutos, e a competición celebra un total de cincuenta (cinco por grupo), o que implica máxima atención dos patróns e enorme pericia. A medida foi tomada pola Real Federación Galega de Vela para manter activos aos regatistas, dentro do confinamento do estado de alarma. Ata o momento foron numerosas as regatas locais, clasificatorias e autonómicas que se suspenderon desde que o pasado 12 de marzo a RFGV decidise a cancelación de calquera actividade e, entre elas, dúas de rango nacional: a Copa de España de 6 M, en Sanxenxo, e a Copa de España de Snipe-Memorial Cholo Armada en Vigo. Nesta regata virtual hai rexistrados recoñecidos regatistas, entre eles a xeración dourada da clase 420, co vigués Martín Wizner (RCN Vigo), o arousán Jacobo García (RCN Sanxenxo) e o coruñés Toni Ripoll (RCN Sanxenxo). Ás semifinais avanzarán só 60 regatistas, mentres que á gran final sabatina chegarán vinte. (Atlántico)

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.