O Festival Noites do Jazz 2025 enche Rianxo de formación musical e concertos

15 Xullo 2025

Entre os grandes acontecementos musicais do verán no Barbanza figura por dereito propio o certame Festival Noites de Jazz en Rianxo, edición 2025, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña. O programa, moi diverso e moi envorcado na formación, arrincou xa en febreiro coa primeira actividade do festival: unha jam session no paseo da Ribeira coa colaboración da EMR e a Cafetería Castelao. O 1 de xullo tivo lugar outra sesión en A Lareira co combo da EMR dirixido por Bernal Muíños.

Ademais, leváronse a cabo tres concertos didácticos en colexios de Rianxo, impartidos por Alfredo Susavila (piano) e Bernal Muíños (saxo), introducindo ao alumnado nos estilos do jazz mediante estándares clásicos e reinterpretacións participativas como A Rianxeira.

Ademais, o festival vén en xullo cun Curso de Big Band, impartido durante todo xullo na Escola de Música de Rianxo incluíndo materias como historia do jazz, teoría aplicada, técnicas instrumentais, improvisación e repertorio. Culminará co concerto de clausura o 29 de xullo, que abrirá o festival.

Lembrar tamén, no capítulo formativo, que do 26 ao 30 de xullo Francisco Muñiz impartirá un curso de baile de swing no Cuartel Vello. Rematará cun baile social de clausura o 2 de agosto na praza Rafael Dieste.

Concertos – praza de Rafael Dieste – 22.00 h

29 de xullo: Big Band da EMR.

30 de xullo: Pablo Sanmamed Trio + Benxamín Otero, galardoados co Premio Martín Códax 2024.

31 de xullo: Swing Titáns, homenaxe á época dourada do swing.

1 de agosto: Sumrrá, trío galego máis internacional, celebra o seu 25 aniversario cun repertorio dos seus mellores temas.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.