“Crebar esquemas, rachar sistemas de convivencia” – Antón Luaces

14 Xullo 2025

Os antisistema eran ata o de agora, mozos con causa, unha variante dos que no meu tempo corrían diante dunha policía que vestía uniforme de cor gris. Mozos con causa que aínda tiñan por cumprir o Servizo Militar, obriga esta que se tiña moito en conta polas consecuencias que podía deparar o feito para quen esa condición de antisistema figurara ou puidera figurar no seu historial persoal. 

En boa medida foron as liortas rexistradas nas rúas catalás durante o “procés” independentista as que deron forma a unha protesta na rúa que estes días ten tintes descoñecidos alí onde se produciron, no medio dunha tensión que só se explica polo balbordo patrocinado por organizacións políticas que, en mala hora, botaron  man dun recurso que semellaba ter pasado á arca das lembranzas e que, a día de hoxe, ben se ve continúa vixente aínda non habendo causa que a xustifique. Andalucía e Madrid son escenarios nos que se evidencia a resistencia a abandonar os vellos métodos, con feridos e detidos xustificados por unha migración que algunha organización política deste tempo non admite e que a España deste século precisa, sen dúbida.

O franquismo foi a mecha que prendeu nunha xuventude que tiña diante súa motivos dabondo para se botar á rúa en protesta pública. Esa xuventude tiña exemplo duns pais que fjxeron a guerra, estiveron presos, carecían dos máis esenciais dereitos cidadáns, tiñan moi baixos salarios e, por milleiros, migraban a países dunha CEE que non abriu as súas portas a España ata o ano 1986. Eran estes, cidadáns españois que maioritariamente non falaban os idiomas dos países de acollida, e non todos chegaban a estes cun contrato de traballo. 

Malia todo, os promotores destas protestas silencian eses feitos e esixen que os migrados a España falen a lingua española ou calquera cooficial: catalán, éuscaro ou galego. Aínda así, proclaman a súa intención de expulsar de España a entre 7 e 8 millóns de migrados, sen dar ningunha outra explicación sobre quen ocuparía os postos de traballo que esa masiva expulsión  de traballadores deixaría vacantes.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.