Outes celebra as Festas de Santiaguiño entre o 24 e o 27 de xullo

11 Xullo 2025

Os días 24, 25, 26 e 27 de xullo celebraranse no concello de Outes as Festas do Santiaguiño, cunha ampla programación musical para todos os públicos. A axenda comezará o 24 e xullo cunha ruada da Banda Xeitura de Esteiro e logo pola noite, na praza do Bosque, cunha actuación de Panorama City, a partir das 21h.

O 25 de xullo haberá ruada da Banda Municipal de Outes (ruada), misa de Santiaguiño cantada na Capela da Serra coa Coral Francisco Añón (ás 12h), concertos da Banda Municipal de Outes e Os Trobadores da Ponte (ás 20h na Horta do Muíño), un concerto de A Banda da Loba (na Horta do Muíño ás 22.30h) e unha verbena na praza do Bosque (ás 23.30) con Fuego. A troula rematará ás 2.30 no Agro das Mozas coa Disco Móbil CDC Truck DJ.

O 26 de xullo comezará cunha ruada a cargo de Jaitas Blues e cunha misa na Capela da Serra (unha misa da Milagrosa cantada ás 12h, a cargo da Coral Francisco Añón). Ás 21h actuará a Orquestra de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde (ás 21h na Horta do Muíño) e pola noite haberá verbena con Xosé Lois Romero e Aliboria e co Grupo Alcázar. O broche de ouro porao de madrugada a Disco Móbil CDC Truck DJ Send.

O domingo 27 será a celebración do San Cristovo, coa xa tradicional caravana de vehículos ata O Freixo e a sardiñada na Horta do Muíño (actuará a Escola de Baile Tradicional de Outes). O día comezará cunha ruada de Canlebó de Camboño. Pola noite, verbena a cargo da Orquestra Finisterre e Fátima Pego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.