O salón de actos do Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller o vindeiro venres 18 de xullo a presentación do poemario Remar, publicación elaborada polo alumnado da aula de introdución á lectura e á escrita poética 2023 do programa de aulas socioculturais e ocio educativo do Concello de Rianxo.
Intervirán Noelia Gómez (editora literaria e docente), Julián Bustelo (alcalde de Rianxo) e contarase coas lecturas de Mª Jesús Frieiro Romero, Sheila Parga Abuín, Silvia Penedo Torres, Mª Consuelo Vázquez Carril, Lorena Gómez Calvo e Mauro Riveiro Suárez
Hora: 21.00 h
Lugar: Salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar).
Trátase dunha presentación que tivo que ser adiada dende o pasado 16 de maio e posposta para este verán.



