Este xoves e este venres, novas concentracións pola saúde pública nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño

10 Xullo 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise reunir novamente este xoves 10 de xullo ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira e este venres 11 de xullo ás 11.30 na entrada no Centro de Saúde de Aguiño. O obxectivo será reclamar, unha vez máis, a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Aguiño e Ribeira.

O programa da concentración inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, levan anos sufrindo falta de medios e persoal e precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.