Mediarea recala este mes de xullo en Rianxo (o 16) e na Pobra (o 19)

09 Xullo 2025

A banda galega Mediarea estará os días vindeiros na comarca do Barbanza, ao abeiro da xira Fillos da Virasón, presentando os seus novos temas e facendo repaso das súas contribucións previas. Na nosa comarca achegarán dous concertos para residentes e visitantes: en Rianxo o 16 de xullo (na praza de Castelao ás 22.00 horas) e na Pobra do Caramiñal o 19 de xullo.

O primeiro dos concertos, encadrado no ciclo Noites de Folc, é unha proposta enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, coa colaboración da Asociación Virxe do Carme de Rianxo.

Mediarea é unha formación do Morrazo, nacida en 2019 e formada por Gael Pérez, Luís Malvido, Zé Pumar e Rodri Martínez. Unidos por un amor común pola música patrimonial galega e polo sentido da responsabilidade de contribuír á súa boa saúde e creatividade, formaron un grupo que vai gañando co tempo, coma o bo viño.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.