Continúa aprazado o espectáculo pirotécnico das Festas do Verán boirenses

10 Xullo 2019

20190710. O Concello de Boiro vén de anunciar o imposibilidade de desfrutar do espectáculo pirotécnico, o cal xa estaba previsto para o domingo, dentro dos días oficiais de celebración das Festas do Verán. Segundo manifestaron, non foi factible conseguir as autorizacións necesarias para poder levar a cabo a tirada dos fogos de artificio de forma normalizada, a pesar do “traballo intensivo realizado nestes días.”

A falta de documentación imprescindible para a emisión das autorizacións impediu a tirada cumprindo con tódolos preceptos administrativos e de seguridade que precisa este tipo de actividade.

Así, o Concello indicou que anunciará convenientemente a data alternativa de celebración deste evento. Do mesmo xeito, pide desculpas por este contratempo e informa de que segue “a traballar para que toda a veciñanza poida gozar, nas próximas datas, de este significativo espectáculo pirotécnico.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...