“Un home de mar, Andrés ‘O Maricolo’, xa navega cos elixidos” – Antón Luaces

06 Xullo 2025

Andrés Fernández García era un home de mar que quedou na seca da vida cando el e os seus facían plans para vivir unha xubilación máis que merecida. Andrés, coñecido en Ribeira polo alcume de “O Maricolo”, finou este domingo e o seu corpo recibirá na tarde deste luns no cimeterio de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal) o descanso gañado coa súa bonhomía, evidenciada durante o exercicio das súas funcións coma profesional do mar, entre estas as propias de quen, en calidade de integrante do equipo de gardapescas da Consellería do Mar, levou a cabo durante anos.

A familia de Andrés perde, co seu falecemento, un piar indispensable (por máis que durante os derradeiros anos, a enfermidade xa non lle permitía moito máis aló que a expresión do seu agradecemento, facendo extensivo este ás visitas de amigos e compañeiros que nunca   o esqueceron).

Sendo ambos os dous da mesma idade, fixemos froitífera, longa e sincera amizade desde cando, de rapaz, vivía con seus pais e irmáns a escasos 50 metros fronte a onde ata hoxe aínda manteñen en pé a pastelaría A Maricola, afamada desde vai máis de medio século pola calidade dos seus roscóns. Con obradoiro na avenida Rosalía de Castro, de Ribeira, dese  obradoiro (no que tamén  Andrés e os seus irmáns traballaron man a man cos seus pais) enchían diariamente a rúa dese doce recendo emanado dos roscóns. E Andrés, ao igual que os seus irmáns, gabábanse da calidade dun produto cuxa sona trascendía o ámbito local. 

Máis Andrés, ao igual que o seu pai e irmáns Manolo e José Antonio, tiña querenza polo mar e convertíuse nun xefe de máquinas que exerciu coma tal en distintos conxeladores. Profesional moi recoñecido foi inspector de máquinas en Pescanova e, xa poucos anos antes da súa xubilación, pasou a formar parte do servizo de inspección pesqueira da Xunta. 

Doce anos pasaron desde o accidente  caseiro que o inmobilizou. O mar e os compañeiros de faena sabían del polo silencio da súa ausencia. El, Andrés, que tantas veces se achegou aos estudos de Radio Nacional de España na  Coruña, para botarmos unha parolada sobre os contidos do programa “Españoles en  la Mar” que escoitaba diariamente con  verdadeira devoción de amigo de “toda a vida”. Descansa en paz, Andrés.

…

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.