“Unha Lei de Perigosidade Social para castigar a homosexualidade”. Antón Luaces

05 Xullo 2025

Vai vinte anos que a sociedade española fixo legal o que os distintos gobernos, desde os tempos da República, consideraron amoral e constitutivo de ser sancionado mediante a aplicación da denominada Lei de Perigosidade Social cuxos antecedentes máis próximos ficaban na Lei de Vagos e Maleantes do 4 de agosto de 1933 coa que se pretendía “corrixir” as condutas antisociais. 

Da aplicación desta lei gardo memoria dos anos 50 do século pasado en Ribeira, cuxa sociedade -ao abeiro da mesma lei- rexeitaba a actividade máis ou menos homosexual de tres veciños -un recadeiro, un taberneiro e un carniceiro- moi populares, xulgados na praza pública por un comportamento en absoluto antisocial como podería ser non manter unha actitude ou comportamento “machista” que evidenciara que era un home e non  un “maricón” (que así se denominaba daquela aos homosexuais.

A día de hoxe son aínda moitos os españois que critican con dureza as actitudes homosexuais. E xa non digamos a celebración -como aconteceu este sábado- do Día do Orgullo (Gai), considerada coma un premio para os que antes, especialmente no franquismo, eran reos da lei de vagos e maleantes que, como sinalaba anteriormente, condenaba as condutas “antisociais” como as mencionadas.

A competencia sancionadora nesta materia fora conferida aos xuíces de Instrución, quen declaraban a perigosidade  e impuñan as medidas conseguintes mediante sentenzas indeterminadas e co exercicio da facultade electiva entre varias medidas en cada caso, case que sempre con límites dosificados de acordo cos límites de perigosidade. 

As medidas de seguranza tencionaban apartar temporalmente da vida social ao “perigoso” coa fin de lle “dar educación e acadar a súa readaptación á sociedade” concedendo intervención aos órganos xurisdiccionais na comprobación dos resultados do “tratamento” imposto.

Homosexualidade, mendicidade cotián, gamberrismo, migración clandestina, prostitución (cando había prostíbulos rexentados por funcionarios policiais ou familiares destes que non se sancionaban), eran algunhas das “actuacións” consideradas antisociais” con cuxa aplicación se pretendía salvagardar ao “perigoso”.

Eran os “fins humanos” dunha lei asinada por Francisco Franco no pazo de Meirás o 8 de agosto de 1970, 35 anos antes de que en España se celebrara legal e públicamente o primeiro  matrimonio homosexual.

De aquí ven a celebración multitudinaria do Día do Orgullo. 

É o recoñecemento do dereito á igualdade.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.