Recibe a alta o ferido hospitalizado tras a pelexa en Ribeira

03 Xullo 2025

O home que permanecía hospitalizado en Santiago a causa da pelexa do pasado martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira , recibiu a alta médica este xoves.  Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O ferido fora trasladado en helicóptero medicalizado debido á gravidade das feridas sufridas durante a liorta entre dúas familias que celebraban unha pedida de man e que rematou cun falecido e seis persoas detidas.

O delegado do Goberno di que non se descartan máis detencións en relación con estes feitos. Os vídeos difundidos en redes sociais están a facilitar a identificación doutras persoas implicadas na pelexa.

Os seis arrestados pasarán a disposición do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ribeira, aínda que por motivos de seguridade non se fixo pública a data concreta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.