Rianxo ofrece este verán cinco rutas turísticas para dar a coñecer o seu rico patrimonio

03 Xullo 2025

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Turismo, organiza este verán un programa de roteiros guiados por diferentes puntos de interese turístico do municipio. O programa comezará con catro itinerarios para descubrir algúns dos principais tesouros patrimoniais, paisaxísticos e naturais do concello.

-Visita ao Hórreo de Araño o 12 de xullo e o 2 de agosto.

-Roteiro polo Río Te o 19 de xullo e o 5 de agosto.

-Visita ao Castelo da Lúa o 29 de xullo e o 12 de agosto.

-Descubir o Rianxo mariñeiro o 15e o 26 de agosto.

Ademais, todos os xoves dende o 3 de xullo ata o 29 de agosto haberá visitas guiadas polo centro histórico da vila.

As saídas son gratuítas mais requírese inscrición previa a través do 690 112 469 ou mandando un correo electrónico a turismorianxo@supernova.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.