López Campos inicia no Campamento Virxe do Loreto a campaña de verán das actividades de lecer para a rapazada

02 Xullo 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou en Porto do Son, no Campamento Virxe do Loreto, o inicio da campaña de verán das actividades de lecer organizadas polo Goberno autonómico. Fíxoo coa rapazada de entre 13 e 15 anos que acaba de chegar ao campamento xuvenil sonense, onde destacou “a experiencia tan enriquecedora que están a vivir e que de seguro levarán o recordo dunhas xornadas de verán cheas de movemento, amizades, actividades e moitos aprendizaxes”.

Durante a súa estadía, na que estivo acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, López Campos remarcou a variada oferta da campaña Modo verán activo: “Non é só unha actividade de ocio se non un recurso de conciliación da vida familiar e laboral, que segue a ser un referente a nivel nacional”, explicou. Desta maneira, nestas instalacións en Porto do Son, que conta con 120 prazas en cada quenda, tamén se aloxan nestes días, ademais dos menores galegos, 20 menores de Álava e 20 de Castela-A Mancha, que accederon á convocatoria grazas ao plan de intercambios con outras comunidades autónomas.

En total son catro as estadías programadas neste complexo, cun total de 480 prazas para mozos e mozas de 13 a 17 anos. Con esta visita, o responsábel autonómico de Cultura, Lingua e Xuventude, quixo saudar á mocidade participante na primeira quenda duns campamentos que se estenden por toda Galicia, distribuídos en varios grupos ata setembro.

Lembrou que este ano, baixo o lema Modo verán activo, ofertáronse nesta modalidade 7.877 prazas, sumando 105 para persoas con discapacidade (no albergue de Gandarío) e 306 prazas de intercambio noutras comunidades para nenos e nenas de 9 a 17 anos.

Trátase dunha cifra que, tal e como recordou López Campos, “está incluída nas 11.630 prazas que a Xunta convocou na súa programación estival deste 2025, sendo a maior oferta da súa historia, e que abrangue tamén campos de voluntariado, os minicampamentos Coñece Galicia, actividades para maiores de 18 anos, os campos de voluntariado, o programa Conecta con Galicia no camiño ou a posta a disposición das instalacións xuvenís xestionadas pola Administración autonómica para o seu uso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.