Mércores 2, as Rías Baixas vivirán un día seco e con ceos abertos

01 Xullo 2025

Durante este mércores, Galicia verá a entrada dunha fronte pouco activa que afectará principalmente ao norte da comunidade, deixando ceos moi nubrados ou cubertos e precipitacións febles tipo orballo en zonas do norte e interior.

Nas Rías Baixas agárdase un tempo máis estable, con ceos maioritariamente despexados ou con nubes altas, especialmente nas comarcas costeiras de Arousa,Muros-Noia e Pontevedra, onde a influencia da fronte será mínima.

Descenso térmico no interior

A caída térmica será menos pronunciada na costa, onde a influencia mariña suavizará os valores.(29 graos na costa e 24 no interior)

Os ventos do norte, moderados en xeral, soprarán con forza no litoral atlántico, especialmente entre Cabo Silleiro e Corrubedo, onde se poderán rexistrar refachos destacados, o que manterá unha sensación térmica máis fresca ao longo do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.