Comeza o Campamento Concilia 2025 do Concello de Boiro

01 Xullo 2025

O Concello de Boiro deu comezo este martes 1 de xullo ao Campamento ConcilIa Verán 2025, que se desenvolve en catro sedes distintas. A concelleira de Ensino, Carmen Silva, acompañou na mañá deste martes 1 de xullo ao persoal e monitorado do campamento para supervisar o inicio das actividades.

O campamento lévase a cabo entre o 1 de xullo e o 29 e agosto en catro sedes distintas: CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP de Abanqueiro, CEIP de Cespón e Centro Social de Cabo de Cruz e horario de mañá e conta con servizo de madrugadores co obxectivo de favorece a conciliación familiar durante a época estival.

Participan un total de 220 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, repartidos nas catro sedes do campamento. Os participantes realizan actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas coas que se fomenta a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.