O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu a semana pasada, no Salón de Plenos do Concello, ao padexeiro local Adrián Mosquera, o cal vén de conseguir a medalla de bronce no Campeonato de Europa de Paracanoe que se disputou na República Checa (o ouro europeo foi para o ucraíno Vladyslav Yepifanov e a prata para o británico Stuart Wood). Foi a primeira medalla do deportista rianxeiro dende 2022.
Ademais, Bustelo e Mosquera asinaron o contrato de patrocinio mediante o cal o Concello de Rianxo seguirá apoiando ao deportista na súa preparación cara a futuros retos. “Desta maneira, Adrián continuará levando o nome de Rianxo polo mundo competindo ao máis alto nivel”, salientou o rexedor, engadindo que nunhas semanas Adrián desprazarase a Italia para disputar o Campionato do Mundo: “Desexámoslle a maior das sortes e moito ánimo para seguir colleitando éxitos para o noso deporte”.
En declaracións recentes Mosquera mostrouse moi optimista sobre as vindeiras competencias nas que vai ter parte activa.




