O Concello de Boiro incorpora a catorce socorristas que prestarán servizo nos areais do municipio no verán

27 Xuño 2025

O Concello de Boiro vén de contratar catorce socorristas que prestarán servizo nos areais do municipio durante a época estival. O alcalde, José Ramón Romero, acompañounos na tarde deste 27 de xuño coincidindo co inicio da súa actividade.

Os socorristas prestarán servizo nos areais de Barraña-Saltiño, Carragueiros e Mañóns de luns a domingo en horario de 14.30 a 21.00 horas dende este venres 27 de xuño ata o 31 de agosto.

“Son os areais máis concorridos do municipio e nos que se precisa maior vixilancia durante a época estival para previr incidentes e atender emerxencias que se poidan producir”, afirmou o alcalde.

Para levar a cabo esta contratación o Concello de Boiro recibe unha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por importe de 17.101 euros para dotar de persoal de salvamento as praias durante a época estival e desenvolver tarefas de vixilancia e primeiros auxilios aos bañistas dos areais.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.