
Os obxectivos perseguidos é a eficiencia organizativa e procesual do servizo público da Xustiza, esa é a finalidade de Lei Orgánica 1/2025, que busca modernizar e mellorar a eficiencia do sistema xudicial. Organización dos xulgados; regulación das carreiras xudicial e fiscal; conseguir un maior número de xuíces e fiscais; a intervención dos fiscais na instrución dos procesos penais, como se realiza no resto dos países da Unión Europea así como a igualdade de oportunidades no acceso á carreira xudicial e fiscal son cuestións fundamentais que se pretende coa maior reforma da carreira xudicial, en España, nos últimos 40 anos.
Os opositores poderán acceder a unha bolsa dotada co importe do Salario Mínimo Interprofesional, durante un período de ata catro anos, para que poidan preparar as oposicións á carreira xudicial, carreira fiscal, avogacía do estado e letrados da Administración de Xustiza. Ademais o centro de estudos xurídicos converterase nun centro público de preparación de opositores.
Agora, resulta que hai moito xuíces e maxistrados, que están en contra da Lei e maniféstanse, ademais co aviso de varias xornadas de folga, pero coas seus togas, sen ter en consideración de que a “toga” representa a imparcialidade e a dignidade da Xustiza , sendo un símbolo de autoridade, solemnidade e respecto. O respecto que eles non teñen coa cidadanía para poder seguir mantendo os seus privilexios e corporativismo.
O conselleiro xeral do Poder Xudicial tería que dicir algo sobre a futura folga dalgúns xuíces, garantindo que non perciban os seus emolumentos económicos públicos polos días que queden de brazos caídos e que nas súas mobilizacións, deixen as súas togas colgadas nos armarios das respectivas sedes xudiciais.


