Dúas persoas feridas tras a envorcadura dun coche en Os Paramos, no concello de Ribeira

27 Xuño 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira recibiron unha chamada do 112 ás 21:03 horas deste xoves por un vehículo que envorcara con dúas persoas dentro. O suceso tivo lugar en Os Paramos, na parroquia de Castiñeiras, no concello de Ribeira.

Ambas as vítimas resultaron feridas leves pero en nin ningún momento quedaran atrapadas. 

Tras a retirada do coche co guindastre, os bombeiros procederon á limpiza da vía.

Participaron Policía Local e persoal do 061.

Imaxe do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.