Rianxo opta a máis de 547.000 euros en axudas estatais para renovar o alumeado público e avanzar cara a un modelo máis sostible

26 Xuño 2025

O Concello de Rianxo foi incluído hoxe como posible beneficiario dunha axuda estatal de 547.364,30 euros, concedida polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), destinada a financiar a renovación das luminarias do alumeado público municipal. A iniciativa enmárcase nas políticas estatais de impulso á eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental.

O proxecto permitirá dar continuidade ao proceso de modernización do sistema de iluminación iniciado na convocatoria anterior do IDAE, reducindo o consumo enerxético e mellorando a calidade ambiental no municipio. Trátase dun paso clave para avanzar cara a un Rianxo máis sostible, eficiente e respectuoso co medio ambiente.

Desde o Grupo Municipal Socialista, destacouse o valor desta achega como resultado dunha colaboración institucional positiva, e insistiron na importancia do traballo da oposición na defensa de proxectos beneficiosos para a veciñanza. “A nosa responsabilidade é tamén instar ao goberno local a aproveitar todas as convocatorias e recursos públicos dispoñibles para mellorar os servizos municipais”, sinalaron.

Neste sentido, lembraron que o Grupo Socialista xa presentara unha moción cun proxecto concreto de mellora lumínica, co obxectivo de unificar a imaxe do alumeado en Rianxo e aumentar a eficiencia e calidade da iluminación pública. Unha proposta que se alinea cos criterios e obxectivos desta nova axuda estatal.

Un avance cara á eficiencia e o benestar

O proxecto, financiado con fondos do IDAE, permitirá substituír luminarias antigas por sistemas de iluminación LED de baixo consumo, o que contribuirá a unha importante redución da factura eléctrica municipal, ao tempo que se minimiza o impacto ambiental e se mellora a visibilidade e seguridade nas rúas.

“A colaboración entre administracións é fundamental para afrontar os retos climáticos e de eficiencia enerxética”, subliñan desde o grupo socialista, que tamén reclama que o Concello se comprometa a garantir unha correcta execución do proxecto e a seguir impulsando accións que coloquen a Rianxo na vangarda da transición ecolóxica e da sustentabilidade local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.