“Após 78 anos no segundo andar da Terraza, RTVE muda de sede na Coruña”. Antón Luaces

26 Xuño 2025

Con 114 anos de vida, o histórico edificio da Terraza -bandeira do modernismo coruñés- que fora casino, sala de festas e, rematada a Guerra Civil española, sede da Organización Juvenil Española (OJE), de Radio Juventud de Galicia e, desde 1985, do Centro Territorial de Radio  Nacional de España en Galicia e da unidade informativa de TVE na Coruña, será en 2028 e durante polo menos ata 2043  a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). Para que sexa así, RNE e TVE trasladaranse en xeneiro de 2028 ao edificio propiedade de Correos ubicado na rúa Manuel Casas, no lateral do Teatro Colón. 

Así se estipula no contrato asinado por RTVE e Correos  o pasado 20 de xuño, que garante durante os seguintes 15 anos a estadía no edificio de Correos dos estudos e redacións de RTVE na Coruña.

AESIA ocupará unha superficie total de 710 metros cadrados do primeiro andar do edificio da Terraza, así como parte das terrazas, que serán equipadas con material técnico.

O comezo das obras está previsto  para outubro de 2026, cunha duración dun ano. 

Nos anos 50 do século pasado Radio Juventud de Galicia, dirixida por José Couceiro Tovar, estreou os seus estudos -ata entón instalados da rúa Juana de Vega- no segundo andar do edificio A Terraza. Foron tempos nos que se formaron na, daquela, Estación Escola EFJ11 os mellores locutores, técnicos de son, redactores deportivos, técnicos de alta, etc., que en pouco tempo deron  o salto á TVE e outras emisoras de radio de Madrid, Vigo, como Javier Basilio Pérez, José María Comesaña, Adolfo Rivas, Bernardo Díaz, Paulino Santos, quedando aquí, entre outros, Ananda Español, Carmen Deus, Pachi Cristóbal, Rosendo Rocha, Fernando Díaz Corujo, María Teresa Vivero,  Carlos Cortón, Enriqueta Guzmán Sanguino, Pablo Campos Manrubia, Gerardo Fraga Blanco, Juan  Gullín, Antonio Amado, Jorge García Barros, Santiago Vilariño Monteagudo, Mario González Velo, José Antonio Martínez Arias, etc., etc.

Son profesionais da radio e a televisión que deixaron moi alto o nome de Galicia na historia da radio e a televisión da España dos anos 60 ata os nosos días. Moitos deles alternando as funcións coa prensa escrita.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.