O alumnado o IV Ciclo da USC de Porto do Son recolleu os seus diplomas

24 Xuño 2025

O pasado venres 20 de xuño, tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de clausura do Programa Universitario do IV Ciclo da USC, Democratización do Coñecemento, dirixido pola sonense Esther Olveira.

O alumnado de Porto do Son, que recolleu os seus diplomas acreditativos, estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Alicia Martínez, e por José Manuel Vázquez, técnico do Museo Marea e colaborador docente no devandito programa.

Lembrar que as actividades da USC en Porto do Son (IV Ciclo) incluíron este ano importantes iniciativas, como unha visita á Biblioteca de San Francisco e o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago.

Na Biblioteca de San Francisco, guiados polo frade Miguel de la Maya tiveron a fortuna de ver incunábeis e outras xoias bibliográficas coma a Biblia Políglota Complutense ou unha versión francesa da Metamorfose de Ovidio con gravados censurados

Mentres tanto, o outro grupo visitou o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago, guiado polo técnico Arturo Iglesias. Na biblioteca puideron ver o facsímile do Calixtino, incunábeis, cantorais en gran formato e algunha obra prohibida pola Inquisición.

A axenda tamén incluíu obradoiros de poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais e unha aproximacións á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión, entre outras actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.