O Concello de Porto do Son informou esta semana de novos traballos realizados nas parroquias co obxectivo de mellorar os servizos básicos para a veciñanza e avanzar en accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria.

Entre as iniciativas levadas a cabo figuran os traballos para acondicionar e mellorar os accesos no núcleo de Calo, na parroquia de Nebra, onde tamén foi incorporada unha varanda de protección e unha recollida de pluviais.

A maiores, as brigadas municipais procederon estes días a optimizar os accesos no núcleo de Alboreda, na parroquia de San Pedro.

Igualmente, o Concello puxo a punto o rueiro de Noal.

Tamén se melloraron os accesos e leváronse a cabo labores de limpeza e posta a punto na praia de Coira, en Portosín.

Outra das fontes de traballo focalizouse nos accesos ao núcleo do Carballido, na parroquia de Xuño.

A maiores, o Concello impulsou traballos de acondicionamento na pista de Seráns, na parroquia de San Pedro, para o reforzo da mesma; e na pista do Carballal, en Xuño, para realizar a drenaxe das augas pluviais.

Informar tamén de que a semana pasada os operarios municipais procederon á posta a punto da pasarela da Aguieira, na parroquia de Nebra.



