Martes 24, San Xoán, xornada de inestabilidade atmosférica e baixa térmica

23 Xuño 2025

Este martes agárdase a formación de nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos, especialmente nas zonas do interior da Comunidade podendo proucirse chuvascos na comarca o mediodía. Nalgúns puntos, estes episodios de treboada poderían vir acompañados de sarabia.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. Pola contra, as máximas descenderán na metade sur de Galicia (26-28 graos). O vento soprará do nordés con intensidade moderada na metade norte, mentres que no resto do territorio será de compoñente sur. Ademais, non se descarta a presenza de brétemas nalgúns puntos do litoral.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.