María Lago participou na entrega de diplomas dos cursos da USC para os maiores de Muros

22 Xuño 2025

A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, acompañaron este venres 20 de xuño ao alumnado do IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago (Camiños de Coñecemento e Experiencia) ao acto de clausura e entrega de diplomas, que se celebrou na Facultade de Dereito do campus compostelán.

“Para o concello, é moi importante que as persoas maiores teñan a oportunidade de acceder a actividades de índole formativa, máis alá dos tradicionais obradoiros”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago.

Pola súa banda Laura Rivadeneira apuntou pola súa parte “a importancia que ten o cuarto ciclo para acercar a universidade ás vilas como Muros”.

O programa formativo achegou aos maiores de Muros un obradoiro sobre poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais, e relatorios arredor da sustentabilidade alimentaria e a alfabetización audiovisual. Participou arredor de medio de cento de veciñas e veciños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.