“Cando sobran motivos para non calar”. Antón Luaces

22 Xuño 2025

Confeso a miña particular admiración polo xornalista Isaías Lafuente Zorrilla a quen sigo actualmente grazas á súa intervención semanal no programa “24 horas”, de RTVE, que presenta e dirixe na 2 o tamén xornalista (galego) Xavier Fortes. 

Nesta oportunidade porque Lafuente colle “o porco polo rabo” ou “o rábano polas follas”, ao lle dar resposta ao presidente da Conferencia Episcopal, Luis Argüello, quen solicitou un adianto electoral como consecuencia das informacións da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que afectaban ao PSOE e que respaldou o voceiro dos bispos, César García Magán.

O presidente dos bispos propuxo que, ante a situación polítíca que se vive actualmente en España, falen os cidadáns, nun indisimulado chamado á convocatoria de eleccións anticipadas, o que Magán entende que o feito de se expresar así  monseñor Argüello “é un principio básico dunha democracia”.

 O xornalista Isaías Lafuente retruca ao bispo: “Que a igrexa católica pida  eleccións anticipadas ten o mesmo valor ca se o Goberno reclamara un novo cónclave”. E lembra que esta é a primeira vez na historia da democracia en España que a igrexa se pronunciou  deste xeito”.

O xornalista citou a Mateo, 22-21: “Ao César, o que é do César e a Deus, o que é de Deus”. 

Sen entrar nos motivos de Isaías Lafuente para amosar a súa disconformidade co pronunciamento eclesiástico a ese respecto, é chamativo que na etapa presidencial da Mariano Rajoy (antes de que Pedro Sánchez presentara a moción de censura que o levou á Moncloa) nada obxectaran os bispos españois ao que daquela acontecía, nen sequera para comentar -non xa criticar- o que a cidadanía española propuña como saída: moción de censura (coa que finalmente rematou a lexislatura) e con varios ministros e altos cargos en prisión. 

Menos críticos aínda foran os bispos en tempos de Franco coma xefe do Estado, cando este procesionaba baixo palio mentres os chamados “curas obreiros” encaraban moitas veces as decisións obispais e mesmo migraban aos países europeos receptores de traballadoras e traballadores españois aos que a Igrexa coma institución desatendía, mentres que os citados “curas obreiros” -moitos deles galegos, por certo- oraban e laboraban.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.