Preto de 30 equipos competirán na Liga Galega de Traiñeiras que se presentaba esta mañá na Pobra

21 Xuño 2025

O alcalde, José Carlos Vidal, manifestou a fachenda do Concello por contar con entidades como o Club de Remo Puebla e acoller competicións destas características.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación da Liga Galega de Traiñeiras, que arrincará o próximo 28 de xuño e se prolongará ata finais de agosto cun total de 26 equipos.

No acto, agradeceu o traballo da Asociación Liga Noroeste por organizar un ano máis a competición por excelencia do banco fixo en Galicia nas súas tres categorías: Liga A, Liga B e Liga feminina.

A Pobra acolleu, está mañá, a presentación oficial da Liga Galega de Traiñeiras. O acto realizouse na praia da Lombiña, contando coa intervención do alcalde, José Carlos Vidal, do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e do presidente Asociación Liga Noroeste, Francisco Javier Rodríguez Barros. Á cita asistiu, así mesmo, o concelleiro de Deportes da Pobra, Eloy Sobrido, e representantes dos distintos clubs que participarán na competición. Tal e como se indicou durante a presentación, na Liga tomarán parte preto dunha trintena de equipos, enfrontándose ás distintas probas entre o sábado, 28 de xuño, e finais de agosto.

Durante a súa intervención, o rexedor sinalou o “orgullo” que supón para A Pobra repetir como escenario dunha proba destas características. Así, tal e como Vidal apuntou, o municipio acolleu, nos últimos meses, a I Bandeira Deputación da Coruña e o 78º Campionato de España de Traiñeiriñas. Como subliñou, “son citas que falan da nosa tradición remeira e, sobre todo, do bo facer dos nosos deportistas”. Neste punto, o primeiro edil referiuse ao Club Remo Puebla, ao que definiu como “unha auténtica institución na Pobra e un motivo de orgullo para todos os veciños e veciñas”.

Calendario da Liga

A Liga Galega de Traiñeiras dará comezo o sábado, 28 de xuño, coas probas que se disputarán en Redondela. No caso do municipio pobrense, a cita fixada no calendario da Liga terá lugar o sábado, 12 de xullo, coa XX Bandeira Concello da Pobra.

A competición conta cunha Liga A e cunha B, na que competirá o Club Remo Puebla. En total, serán 16 os conxuntos que tomarán parte na competición. No apartado feminino serán 10 os equipos participantes. 

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.