“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

19 Xuño 2025

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida.

Na actualidade, Madrid é tamén un paraíso terreal no que, ao parecer, habitan milleiros de persoas ás que, grazas á política, lles gosta a froita e as portas.  

Todo, grazas á unha política que emana -quen o ía dicir- do edificio da antiga Dirección General de Seguridad franquista a cuxos calabozos foron parar durante case 40 anos varios milleiros de españois (entre estes non poucos galegos) non afectos ao Movemento ou, por dicilo de vez, ao propio franquismo.

Cidadáns estes que, en moitos casos, pagaron coas súas vidas as desavinzas políticas rexistradas en tres anos de cruel guerra civil que agora, con evidentes remorsos que semellaban estar esquecidos, persoas que non viviron esa guerra -algúns sí as súas consecuencias- talvez estean empeñados en situar en primeiro plano da actualidade sen ter para nada en conta as ensinanzas recollidas daquela súa experiencia. Dura, moi dura experiencia.

Está visto que non é España un país de encontro permanente, por máis que tentemos falar dun espírito de únión que, verdadeiramente, só a duras penas mantemos en circunstancias moi especiais.

É máis doado o desencontro que a aperta sentida. E así nos vai. Máxime en tempos de whatssaps, que sirven máis para escribir o que non sempre  sentimos que para dicir  o que na realidade deberiamos expresar.

A froita é un elemento esencial na alimentación humana. As portas, para abrir ou fechar. En ningún de ambos os casos, para absurdos enfrontamentos que a nada bo conducen.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.